- A realizar por un escritor ou escritora en activo, por unha duración dun mes entre o 1 e o 31 de decembro de 2025.
- A V Residencia Asturies ten como finalidade o apoio, promoción e estímulo da creación literaria en lingua asturiana ou en eonaviego ou galego-asturiano, potenciando o seu desenvolvemento creativo co maior rigor e excelencia.
- Proporcionar aos escritores e escritoras nestas linguas un espazo, un tempo, un contexto e unhas condicións óptimas para a entera dedicación ao seu propio proxecto de creación literaria, constitúe tamén o obxectivo deste programa.
- 𝐀𝐬 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐫 𝐚́ 𝐕 𝐑𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐀𝐬𝐭𝐮𝐫𝐢𝐞𝐬 𝐝𝐞𝐛𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫𝐬𝐞 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝐝𝐢́𝐚 𝟑𝟏 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟓 𝐚́𝐬 𝟐𝟐:𝟎𝟎𝐡.
- Unha colaboración da nosa Residencia Literaria 1863 coa Conseyería de Cultura, Política Llingüística y Deporte d’Asturies.
- Podedes consultar as BASES DA CONVOCATORIA aquí: https://residencia1863.gal/…/Convocatoria-V-Residencia…